Escoitar

A Xunta de Goberno adica cerca de 442.000 euros para o financiamento de actividades no Auditorio Mar de Vigo

O alcalde deu conta en rolda de prensa doutras subvención na área de Cultura por valor de 75.000 euros.

venres, 19 nov 2021

A Xunta de Goberno local adicou cerca de 442.000 euros para o financiamento de actividades socioculturais que realizan empresas no Auditorio-Pazo de Congresos Mar de Vigo durante o ano 2021. Houbo 4 empresas receptoras que organizaron 57 eventos.

Ademais disto, tamén resolveuse a achega de 60.000 euros aos Amigos da Ópera de Vigo para o financiamento do Outono Lírico 2021. Son 50.000 euros do Concello e 10.000 da Deputación de Pontevedra, en virtude do convenio asinado entre ambas administracións. Deste xeito, celebrouse o festival con 4 recitais no Teatro Afundación, 4 proxeccións no Auditorio Municipal, un ciclo de conferencias e un evento para as novas voces da lírica galega.

Por outra banda, o Abel Caballero deu conta da subvención de 8.000 euros a Asociación Son de Seu polo concerto celebrado este verán en Castrelos. O rexedor puxo de manifesto que “seguramente sexan o mellor grupo de Galicia de música tradicional e folk”. Tamén adicáronse 7.000 euros a Sinsalaudio polo desenvolvemento do Festival SINSAL Outono 2021.

Descargar todas as imaxes