O goberno local insta á Xunta a cambiar a normativa covid para que as escolas deportivas poidan comenzar en outubro
Abel Caballero avanzou esta mañá o interese municipal por retomar o Programa Municipal de Escolas Deportivas en outubro tal e como estaba previsto. Con ese obxectivo, insta á Xunta a adaptar a normativa covid a actual situación epidemiolóxica de forma que se permita a actividade deportiva non federada.

A actual normativa anticovid “practicamente imposibilita” o funcionamento das escolas deportivas municipais que terían arrancar o próximo mes de outubro, dixo o rexedor en rolda de prensa. Neste punto e coa vontade de poder retomar este programa, o Concello dirixiuse á autoridade sanitaria emprazándoa a adaptar este protocolo á actual situación, “cun proceso de vacinación moi avanzado xa”. Caballero ofreceu a colaboración do Concello na elaboración dunha nova normativa que permita o comezo desta actividade deportiva o mes que vén.