Escoitar

Samil acolle a próxima fin de semana a terceira proba do Campionato de España de Automodelismo

O circuíto municipal vigués será a sede da penúltima cita, a celebrar entre o 10 e o 12 de setembro e presentada este venres por Abel Caballero xunto a Alberto Alonso, delegado en Galicia de AECAR, Cristian Villar, presidente da Asociación Cavi, e Pablo Louro, de Gadis. Máis de medio centenar de pilotos xa están inscritos.

venres, 3 set 2021
De esquerda a dereita, Pablo Louro, Alberto Alonso, Abel Caballero e Cristian Villar.
De esquerda a dereita, Pablo Louro, Alberto Alonso, Abel Caballero e Cristian Villar.

Durante a presentación este venres no salón de Plenos do Concello, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, invitou á cidadanía a presenciar o “espectáculo” do Campionato de España de Automodelismo, que chega a Samil despois de terse completado as probas de Sevilla e Valladolid. Organizado pola Asociación CAVI, Aecar (a Asociación Española de Coches a Radiocontrol) e o Concello de Vigo, a cidade recibe a terceira cita dun certame que concluirá en Madrid.

Máis de medio centenar de pilotos procedentes de toda a Península Ibérica medirán a velocidade dos seus bólidos do 10 ao 12 de setembro. En función da escala e da propulsión, os participantes competirán en categoría 1/8 Pista Gas ou 1/8 Pista Eléctrico.

O evento será de acceso gratuíto ao público, mantendo sempre as distancias e o protocolo contra o coronavirus, e arrancará o venres 10 cos adestramentos. Ao día seguinte se celebrarán as mangas de clasificación para as finais e subfinais, que terán lugar o domingo, 12 de setembro.

Descargar todas as imaxes