Escoitar

O Concello financia case medio centenar de actividades que se celebran esta fin de semana

Abel Caballero puxo en valor este modelo, que inclúe as trinta e seis propostas culturais e lúdicas da Noite Branca, concertos, actividades infantís e a programación de San Roque, con actuacións o domingo e o luns. Ademais, o alcalde anunciou un operativo policial de vixilancia contra os botellóns e as festas ilegais.

venres, 13 ago 2021

Vigo acolle nesta longa fin de semana case que cincuenta actividades distintas, todas con financiamento municipal, segundo subliñou este venres o alcalde. Do total, trinta e seis propostas culturais e lúdicas se enmarcan na Noite Branca que se celebra este mesmo venres.

Caballero detallou as accións programadas para a festividade de San Roque, que comezan este domingo con concertos de Herdeiros Os Morenos de Lavadores e de Eladio y los Seres Queridos, e continúan o luns con actuacións do grupo de gaitas O Fiadeiro, o espectáculo infantil Tarabelos e a banda da Unión Musical de Cabral.

De cara á longa fin de semana, co luns festivo local, “imos facer vixilancia de festas ilegais, de botellóns indesexables e indebidos” a través da Policía Local, advertiu Caballero, ao consideralos focos de contaxios do coronavirus. “A hostalería sigue nun comportamento especialmente bo e quero mandar unha mensaxe clara de non facer botellones, porque o botellón desta fin de semana e o contaxio de dentro dunha semana e dez días”, subliñou.

Descargar todas as imaxes