Escoitar

O organista Nicolás Varela actuará na Basílica de Santa María pola festividade da patroa

Abel Caballero anunciou o concerto en rolda de prensa a actuación do artista natural de Lalín e que ten percorrido escenarios noutros países como Países Baixos, Suiza e Francia.

xoves, 12 ago 2021

O sábado ás 20:30 horas actuará na Basílica de Santa María o organista Nicolás Varela García. Deste xeito, o concerto sacro celébrase co motivo da festividade de Santa María, patroa de Vigo.

Natural de Lalín, nacido en 1996, Nicolás comeza os seus estudos aos 5 anos no conservatorio da súa cidade natal. Ao longo da súa carreira completou a súa formación de prestixiosos mestres e actuou en escenarios de primeiro nivel como el Worl Music Contest de Países Baixos, Jungfrau Music Festival en Suiza, o Festival Río Loco en Francia, distintos certames en Alicante, Zamora e Tarragona e tamén actuou na Catedral de Lugo e a Catedral de Tui.

Ademais, este xoves ás 20 horas haberá un monólogo de Jazmín Abuín que chega co seu espectáculo de humor “Keep calm and be riquiña”. A entrada é libre ata completar aforo.

Abel Caballero lembrou que o venres celébrase a Noite Branca dos museos municipais onde “haberá máis de 36 actividades”. O rexedor invitou a cidade a participar nos distintos actos que desenvolverase entre as 20 horas e a 1 da madrugada.