Escoitar

O alcalde celebra que a alta velocidade ferroviaria con Madrid e Lisboa “sexa imparable”

Abel Caballero acordará con ADIF unha data para a presentación do estudo hidroxeolóxico da variante Vigo-Ourense por Cerdedo

xoves, 3 xuñ 2021

O rexedor sinalou que os acordos con Renfe son transitorios e celebra o estudo hidroxeolóxico da variante por Cerdedo “no que leva traballando o goberno de España ano e medio”.

Caballero lembrou que “foi o Partido Popular quen parou esta vía no ano 2015 e a Xunta, gobernada polo PP, eliminou a Vigo da alta velocidade nos anos 2000”.

Tamén quixo facer fincapé na nova etapa que comezou co goberno de Pedro Sánchez hai dous anos para “reverter a paralización que os gobernos do PP impuxeron á alta velocidade”.