O Concello pedirá a Renfe 3 liñas adicionais na conexión con Madrid desde a estación de Urzáiz
O alcalde avanzou que a proposta foi ben recibida polo presidente de Renfe, Isaías Táboas Suárez, e centralizará todos os traxectos, excepto a viaxe a Oporto, na nova estación.
Segundo explicou Abel Caballero, a ruta sairá da estación de Urzáiz, terá unha parada en Pontevedra e logo utilizará o bypass de Conxo para non entrar na estación de Santiago de Compostela, polo que os viaxeiros aforran 15 minutos no traxecto.
O rexedor apuntou que o obxectivo e ter operativo un segundo tren directo con Madrid desde a nova estación en dous meses. O terceiro servizo porase en marcha se o require a demanda, seguendo o mesmo percorrido.
En canto aos viaxes con parada en Santiago e o cambio de tren na mesma estación, o alcalde celebra que “forme parte da historia que nunca aceptamos e nunca máis se volverá a repetir”. Deste xeito, Caballero subliñou que as viaxes faranse no menor tempo posible. A decisión definitiva acordarase proximamente nunha reunión en Vigo entre o rexedor e o presidente de Renfe.
Por outra banda, Caballero lembrou que segue na defensa da conexión con Madrid en Alta Velocidade pola variante de Cerdedo, xa que “aforrará 20 minutos máis a viaxe”. Nas próximas semanas presentará coa presidenta de ADIF o primeiro estudo hidroxeolóxico desta vía.