Escoitar

O goberno municipal amplía nun 30% o persoal de Benestar Social para atender o incremento de demanda

A administración local conta con 9 traballadoras sociais máis, o que eleva a 40 o número de profesionais que atenden unha demanda que crece a causa da crise sanitaria. Deste xeito, o Concello aumenta case nun 30% o cadro de persoal.

luns, 22 feb 2021
O rexedor en rolda de prensa
O rexedor en rolda de prensa

O Concello incrementou en nove os traballadores sociais que atenden a crecente demanda na cidade debido á situación Covid. A pasada semana a Xunta de Goberno aprobou unha bolsa de emprego da que agora se nomea a 8 traballadoras sociais ás que se suma outra profesional que xa se incorporara en novembro.

O cadro de persoal municipal refórzase nun 30% e a cifra total de traballadoras sociais é de 40 profesionais.

 

 

Descargar todas as imaxes