Escoitar

O goberno local investirá 2,9 millóns na segunda fase da Vía Verde

Abel Caballero anunciou este martes que a segunda fase da Vía Verde, entre Vía Norte e Teis, terá un investimento de 2,9 millóns de euros. O alcalde visitou á zona e sinalou que está previsto que a obra estea rematada a finais de 2021.

martes, 3 nov 2020
Caride, Caballero e Pardo.
Caride, Caballero e Pardo.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes a zona na que comezará a segunda fase das obras da Vía Verde, entre Urzaiz e Teis, sobre a vella liña ferroviaria de 3,6 quilómetros de lonxitude e 5 metros de ancho, 3 para o carril bici e dous para a senda peonil. O proxecto ten un orzamento de 2,9 millóns e os traballos concluirán a finais de 2021.

Segundo explicou en rolda de prensa, a actuación inclúe a reforma de toda a plataforma ferroviaria, o acondicionamento de áreas de descanso e miradoiros, a instalación de mobiliario, novas zonas de lecer con xogos infantís e aparatos biosaudables, así como un circuíto deportivo para adestramento ao aire libre, plantacións de árbores e colocación de bancos, aparcabicis e fontes.

O alcalde tamén destacou que para manter a orixe ferroviaria, respetarase a sinalización, así como tramos de los raís e outros elementos, mentres que para a seguridade dos usuarios haberá iluminación ao longo do trazado reconstruíndo a catenaria e con luminarias cada 20 metros.

A Vía Verde tamén contará cunha pasarela desde o nó de Isaac Peral ata a rúa Vía Nortee unha rampla desde o paso elevado na Avenida de Buenos Aires. Ademais, para abrir conexións coas rúas lindeiras, demoleranse os muros de formigón armado en Coutadas, Buenos Aires, rúa do Xuncal, camiño da Vía, camiño da Ferrería, Avenida Galicia, Párroco Don Serafín, camiño Cascalleira e camiño das Ánimas.

Descargar todas as imaxes