Escoitar

O alcalde buscará sinerxías cos estaleiros para reforzar o naval vigués

Abel Caballero reuniuse este venres con Douglas Prothero, director executivo de Ritz Carlton YachtCollection, a quen lle trasladou o apoio municipal no proceso de cambio de dirección no estaleiro Barreras.

venres, 23 out 2020
Abel Caballero comparece en rolda de prensa
Abel Caballero comparece en rolda de prensa

O rexedor e o responsable máximo de Barreras analizaron a situación actual “do primeiro estaleiro de Vigo e o maior estaleiro privado de España” e abordaron a proposta pública realizada por Prothero de establecer ámbitos comúns no conxunto dos estaleiros para favorecer as sinerxías no sector.

Caballero explicou que esta é a liña de traballo que seguirá na ronda de contactos aberta entre Concello e estaleiros da cidade na procura dunha proposta conxunta para concorrer aos fondos europeos. “Seguro que hai elementos comúns para reforzar o naval de Vigo”, apuntou, lamentando que a Xunta de Galicia non mencione no seu programa o apoio aos estaleiros de Vigo cando a competencia é autonómica polo que, sinalou, “vou suplir a ausencia e falta de iniciativa da Xunta de Galicia en relación cos estaleiros de Vigo”.

 

 

 

Descargar todas as imaxes