Escoitar

Vigo, a cidade cos mellores indicadores económicos segundo o Observatorio de Servizos Urbanos

É o resultado que se tira da análise realizada por OSUR dos principais indicadores económicos e financeiros dos 30 municipios españois de maior poboación. Vigo encabeza a clasificación con débeda cero e alta capacidade de execución orzamentaria.

xoves, 12 mar 2020

Vigo sitúase á cabeza dos 30 concellos españois mellor xestionados na área económica e financeira segundo conclúe o último informe do Observatorio de servizos urbanos presentado esta mañá na cidade nun acto presentado por Francisco Caamaño, presidente de OSUR e ex ministro de Xusticia, no que participou o Abel Caballero e Lorenzo Dávila, director xeral de OSUR.

Segundo expuxo Caamaño, OSUR realiza o informe presentado amosa como xestionaron a crise os municipios españois establecendo unha clasificación sobre “quen o fixo mellor e peor” empregando os datos públicos dos ministerios de Facenda e Economía. Tanto o ex Ministro de Xustiza como o director xeral de OSUR, sinalaron que o informe determina que Vigo é a cidade mellor clasificada dados os seus indicadores económicos e financeiros. O Concello ten un investimento por habitante que medra desde 2017, un baixo nivel de endebedamento, unha alta capacidade de execución do seu presuposto cunha suba da produtividade dos recursos alleos, con gastos moderados e cumprindo coa ratio de débeda por debaixo do permitido por lei.

O alcalde valorou a “rigorosidade” do estudo que emprega datos obxectivos con e salientou a “seriedade dos xestores” municipais que son quen de facer cousas sen danar a economía dun concello. Tamén puxo en valor ás entidades locais como “eficientes e cumpridoras” amais de “corresponsables fiscalmente” co que recadan e reciben do Estado e das Comunidades Autónomas.