Escoitar

O goberno municipal destina 50.000 euros a entidades sociais

Abel Caballero avanzou a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local de subvencións a 39 entidades e asociacións de carácter social para realizar as súas actividades.

mércores, 10 xul 2019
1562762449100917Alcalderueda_01.jpg
"Trátase de axudas para o seu funcionamento para que poidan realizar as súas actividades", apuntou o rexedor, que engadiu que estas entidades reciben outras achegas por parte do Concello a través doutras partidas.

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá xoves o outorgamento de subvencións a trinta e nove entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades da área de servizos sociais do ano 2019 por un importe de 50.000 euros.

As entidades beneficiadas son as seguintes: Fundación Érguete- Integración, Sociedade de San Vicente de Paul en España, Fundación tutelar galega Sálvora, Agrupación Socio-Deportiva Alter-Nativa, Federación de Asociacións de familiares e enfermos mentais de Galicia, Down Vigo Asociación para a Síndrome de Down, Asociación Española contra o cancro, Asociación Parkinson Vigo, Asociación viguesa de alcohología ASVIDAL, Asociación de axuda á vida AYUVI, Asociación Galega de Hemofilia, Fundación Aldaba, Asociación Doa Saúde Mental, Fundació Isidre Esteve, Asociación Veciñal socio-cultural e deportiva de San Miguel de Oia, Apamp, Asociación familiares de persoas con parálise cerebral, Federación COGAMI Pontevedra, Asociación ASPANAEX, Fundación Juan Soñador, La sal de la Tierra asociación, Fundación Meniños, Asociación cultural galega de formación permanente de adultos, Aldeas infantiles SOS de Galicia, Hogar e Clínica San Rafael, Fundación CUME para el desarrollo de culturas y pueblos, ASDEGAL, Acción solidaria de Galicia, Asociación de Veciños de Beade, ASEM Galicia, Asociación Fibriomialgia de Pontevedra, Asociación Autismo Vigo, Asociación 3ª ideade NEVOX, Asociación familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, Asociación de niños con hiperactividade e déficit de atención, ANHIDA, Fundación da Santa Cruz, Asociación Xaruma, Fundación Igualarte, FADEMGA, Plena inclusión Galicia, Asociación Viguesa esclerose múltiple de Pontevedra, AVEMPO e a Asociación centro cultural e recreativo de Valladares.
Descargar todas as imaxes