O Concello retoma o teatro estival na vila romana de Toralla e programa actividades en finca Solita
O goberno de Vigo inicia esta semana as representacións da vida romana en Toralla, na finca Mirambel. Segundo informou Abel Caballero, serán os xoves 4, 11 e 18 de xullo e o 1 e 22 de agosto, con acceso gratuíto. Ademais, a rehabilitada finca Solita acolle os venres concertos e actividades de música e teatro para os pequenos.

O Concello de Vigo comeza este xoves as representacións teatrais da vida romana na finca Mirambel, en Toralla, de acceso gratuíto. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este martes o programa xunto á tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico, Carmela Silva, e un grupo de actores e actrices.
O teatro estival en Mirambel será os xoves 4, 11 e 18 de xullo, ademais dos xoves 1 e 22 de agosto, con dous pases cada día: ás 20 horas e ás 21 horas. Os visitantes serán recibidos nas escaleiras con pétalos de flores e nas ruínas se amosará a vida romana, onde cada personaxe interpretará o seu oficio.
Como novidade, este ano representarase un funeral -o ano pasado fóra unha voda-, xunto aos tradicionais banquete, venda de escravos, baile e a recoñecida loita de gladiadores. Para difundir esta actividade, o Concello de Vigo repartirá información ao respecto en distintos puntos da cidade.
Finca Solita
O Concello amplía este ano as accións culturais e divulgativas en espazos históricos cunha nova programación en finca Solita, a vila indiana situada en Alcabre recentemente rehabilitada por Concello e Deputación.
Neste caso as actividades son os venres, tamén con acceso gratuíto. Ás 20:30h, os días 12 e 19 deste mes e os venres 2 e 9 de agosto, "Contos de Indianos", unha proposta de música e teatro dirixida ao público infantil. O 26 de xullo ás 21:30h, concerto do Trío de Jazz da Fundación Mayeusis e o 23 de agosto, ás 21:30h, concerto de Antilia.