Escoitar

Caballero: "o tren directo Vigo-Madrid é irreversible"

Coa adxudicación do estudo e seguimento hidroxeolóxico do tramo Vigo-Ourense do AVE cun importe de 1,8 millóns de euros, o alcalde salienta que "o Goberno de Pedro Sánchez "dá un paso extraordinario e importantísimo".

luns, 1 xul 2019
O rexedor deu conta este luns da adxudicación por parte de ADIF da realización do estudo e seguimento hidroxeolóxico dos túneles do tramo Vigo-Ourense do AVE á UTE Eptisa Servizos de Enxeñería e Sondeos Peñarroya que ten un prazo de execución de 36 meses, tal e como marca a lei, e un orzamento de 1,8 millóns de euros.

Para Caballero esta é "unha das grandes demandas de Vigo que manteño e mantiven contra a opinión de tódolos grupos políticos que se negan a que a cidade teña tren de alta velocidade e Vigo ten o tren de alta velocidade iniciado neste momentos". Así, destacou que o Goberno de Pedro Sánchez "dá un paso extraordinario e importantísimo que xa non ten retorno; o tren directo Vigo-Madrid é irreversible".