Escoitar

O alcalde reúnese coa directiva do Círculo de Empresarios

A reunión mensual da xunta directiva do Círculo de Empresarios de Vigo, presidida por Patricia García, celebrouse hoxe no Concello coa asistencia do rexedor, que estivo acompañado pola tenente de Alcalde, Elena Espinosa, e o concelleiro Abel Losada. Entre outros temas, abordaron a defensa do AVE directo entre Vigo e Madrid así como diferentes vías de colaboración entre o empresariado e o goberno municipal.

luns, 1 xul 2019
1561986106circulo22.JPG
Descargar todas as imaxes