Escoitar

O alcalde pon en valor as praias vigueses como factor de atracción turística no verán

Abel Caballero participou este luns no izado da bandeira azul na praia de Samil, unha das 10 que conseguiu o Concello este ano, e destacou o operativo municipal de socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria que ten unha dedicación de medio millón de euros.

luns, 1 xul 2019
1561986375bandeira.JPG
O rexedor lembrou a importancia da bandeira azul acadada pola praia de Samil logo da entrada en funcionamento da nova depuradora "que favorece que toda esta zona teña as análises microbacteriolóxicas limpas", asegurou, e que "lle debemos a Elena Espinosa como ministra e á acción do goberno durante os anos que fun alcalde".

Vigo suma neste 2019, 13 distincións azuis: 10 praias con bandeira azul: Argazada, Samil, A Punta, Tombo do Gato, Fontaíña , O Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras e tres sendeiros azuis: "Camiño a Beiramar", "Senda entre faros nas Illas Cíes" e a "Senda Litoral e do Monte de Guía". Caballero puxo en valor estas distincións como "a nosa contribución ao verán da cidade e ao turismo, que é unha pata fundamental porque estamos tendo algo que non sucedera nunca en Vigo: a afluencia de turismo de forma masiva" e aludiu á "expectativa extraordinaria" que existe coa previsión de fins de semana con cheo e un número significativo de reservas para o Nadal.

En canto ao operativo de socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria, quen ten unha dedicación de case medio millón de euros, o alcalde destacou os 21 axentes da Unidade de Costa e Praia da Policía Local, que patrullan os areais durante todo o día, e amais teñen presenza en Cíes durante toda a fin de semana e a eficacia do persoal de limpeza "é un orgullo ver o limpa que está a praia", sentenciou.
1561986375bandeira.JPG
1561986399socorristas.JPG
Descargar todas as imaxes