"Queenmania" e "Shrek, o musical" chegan a Castrelos en agosto
O alcalde deu conta este venres dos primeiros dous espectáculos infantís do programa Vigo en Festas para este verán. Serán concertos de balde para toda a familia.
As nenas e nenos vigueses teñen o seu espazo no programa festivo municipal para este verán e Abel Caballero adiantou hoxe dúas das citas previstas para gozar en familia, de forma gratuíta.
O 4 de agosto o Auditorio de Castrelos acolle o espectáculo Rock en familia: Queenmanía, que trae á cidade a banda homenaxe "Play the Game", que reproduce durante hora e media a música, estética e posta en escena de Queen. Será ás 20:00 horas. Segundo engadiu o rexedor en funcións, Queenmanía, esgotou as entradas no Teatro Calderón de Madrid, está esgotándoas no Tívoli de Barcelona e iniciará xira por España en 2020.
O 6 de agosto será a quenda de "Shrek, o musical", baseado na película animada protagonizada polo ogro Shrek. A partir das 20:00 horas e con entrada de balde, os cativos e cativas poderán gozar unha proposta familiar ,que conta cunha banda de músicos en directo e máis de 30 persoas na mobilización escénica.