Escoitar

Caballero subliña os datos "excepcionais" de valoración cidadá dos servizos municipais de Vigo

O alcalde valorou este luns os resultados do II Barómetro sobre Satisfacción de los Servizos Públicos promovido polo Observatorio de Servizos Urbanos (OSUR), que indica que o 68% dos vigueses se amosa satisfeito cos servizos públicos que presta o Concello.

luns, 27 ago 2018
En particular, Abel Caballero salientou a "óptima valoración" cidadá na recollida de residuos, limpeza viaria e subministro de agua. Todas as prestacións aproban e sitúanse "substancialmente" por riba da media de España, segundo revelou o alcalde este luns.

O 77% dos enquisados deron a mellor valoración ao servizo de recollida de residuos, seguido da limpeza viaria (70%), subministro de auga (69%) e coidado de parques e xardíns (61%). No caso da recollida de lixo, o índice de satisfacción aumentou en 10 puntos con respecto ao anterior barómetro.