A unanimidade do Pleno decide sumar Vigo á Rede de cidades libres do tráfico de mulleres
Todos os grupos validaron unha moción de En Marea para esixir ao Goberno Central e á Xunta a aplicación real da Lei de Trata, perseguindo o tráfico de mulleres e aos proxenetas e mafias. O texto aprobado solicitaba a adhesión de Vigo á Rede de cidades libres de tráfico de mulleres, nenas e nenos destinados á prostitución. <br />
Os grupos municipais coincidiron esta mañá ao reclamar a adhesión de Vigo á Rede de cidades libres de tráfico de mulleres, nenas e nenos destinados á prostitución. Na sesión plenaria desta mañá, PSOE e PP apoiaron unha moción de En Marea na que tamén se insta á deseñar unha campaña periódica para sensibilizar á poboación sobre a equivalencia da prostitución á explotación sexual das mulleres o que a converte nunha forma máis de violencia de xénero.
O texto referendado polos tres partidos esixe a ao Goberno Central e á Xunta a aplicación real da Lei de Trata, perseguindo o tráfico de mulleres e aos proxenetas e mafias que campan impunemente nos "clubs" e noutros establecementos. Defendida pola concelleira Margarida López, a moción tamén insta aos Gobernos Central e da Xunta á aplicación real e completa do Plan Integral de loita contra a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual (2015-2018).