O goberno local incorpora un xardín efémero de Nadal na Praza da Pedra
O alcalde visitou hoxe a nova instalación que conta cunha gran cadeira, un Papá Noel de madeira e varias caixas de agasallos, unha delas cun dinoseto confeccionado con follas de camelia. O espazo está decorado con motivos de Nadal pero configúrase como un xardín efémero estacional no que o goberno municipal proxectará diferentes temáticas ao longo do ano.
![1511963819xardin.jpg 1511963819xardin.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1511963819xardin.jpg)