O Concello inclúe a administración electrónica, o rexistro de solares e o Tribunal de Contratación no Plan Normativo de 2018
A Corporación aprobou hoxe mércores o Plan Anual Normativo do Concello para o 2018, documento que recolle as iniciativas regulamentarias que poidan ser obxecto de aprobación no próximo ano en aras da "transparencia e da seguridade xurídica". O Concello incluíu a nova ordenanza de administración electrónica, a modificación da actual sobre o Rexistro Municipal de Soares e Edificios a Rehabilitar e o regulamento do Tribunal Municipal Especial de Contratación.
O goberno de Vigo elevou ao Pleno da Corporación Municipal celebrado este mércores a aprobación do Plan Anual Normativo do Concello de Vigo para o ano 2018, que saíu adiante cos votos favorables do grupo do goberno e da Marea, e coa oposición do PP.
O concelleiro de Xestión Municipal, Javier Pardo, presentou o Plan como un instrumento para acadar unha maior "transparencia e seguridade xurídica", pois contén aquelas iniciativas regulamentarias que poidan ser obxecto de aprobación o próximo ano. Así, o documento recolle unha nova ordenanza de administración electrónica, a modificación da ordenanza municipal reguladora do contido, organización e funcionamento do Rexistro Municipal de Solares e Edificios a rehabilitar e o novo regulamento do Tribunal Municipal Especial de Contratación.
Pardo defendeu que o Concello de Vigo, baixo o mandato de Abel Caballero, profundizou nunha administración máis "áxil, funcional e transparente", evitando cargas innecesaria e racionalizando os recursos.
Debate
No turno de intervencións, o voceiro de Marea celebrou o debate en Pleno desta cuestión que obriga a lei e indicou que os plans doutros municipios son "máis ambiciosos" e incluiron consultas previas á cidadanía ou modificacións puntuais nos plans urbanísticos. Rubén Pérez argumentou o voto favorable ao Plan por formar parte "da administración do século XXI".
O PP votou en contra da aprobación do Plan Normativo. Elena Muñoz ve con "decepción" o documento, unha "oportunidade perdida" por consideralo "insuficiente". A voceira do PP, como antes fixera Pérez, botou en falta a inclusión no Plan da ordenanza de terrazas e outras que están "desfasadas" tras 25 anos en vigor, ademais da reguladora da publicidade exterior ou a de tenencia de animais.
O concelleiro de Xestión Municipal pechou o debate explicando que este Plan é "permeable" e avanzou que se adaptará a normativa municipal para adaptala á nova lexislación. Javier Pardo recordou que Vigo ten 48 ordenanzas -non se trata de "aprobar por aprobar" textos- e que o Plan ten que ver coa "transparencia administrativa". A este respecto, o edil citou o informe de Transparencia Internacional, que concede a Vigo 98,8 puntos sobre cen, sendo o Concello a administración con mellor puntuación de Galicia.