Caballero augura un gran resultado ao VIII Master Nacional de Mus que acolle Vigo o 24 e 25 de novembro
O alcalde participou na presentación desta nova edición na que competirán 276 parellas de toda España, 32 delas viguesas, e que contará con dúas chegadas dende México.
Serán dous días de encontro, os próximos 24 e 25 de novembro nas instalacións do Hotel Bahía, onde 276 parellas de toda España, con dúas chegadas de México no que supón a internacionalización do certame, competirán por facerse co título dos mellores no VII Master Nacional de Mus.
A organización do concurso, representada por Ramón Bouzo, da Xunta directiva da Asociación Española de Mus (ASEMUS), June Piké, delegada de ASEMUS e MAR e Emilio Clavo, presidente de MAR (Asociación Mus Rias Baixas) agradeceu o apoio recibido polo Concello durante a presentación do evento que se desenvolveu nas dependencias municipais.
O alcalde felicitou á organización polo número de participantes acadado nesta edición e aproveitou para darlle a benvida a todas as parellas que gozarán da cidade a próxima fin de semana, augurando un "gran resultado" ao torneo.
Descargar todas as imaxes