Vigo aproba un orzamento para 2018 centrado na política social e nos investimentos
O Pleno da Corporación deu luz verde este xoves ás contas do Concello para o próximo ano, que ascenden á cifra récord de 256,5 millóns e que reservan 34,7 millóns para investimentos. O goberno de Vigo citou como prioridades do documento a política social, os servizos públicos de calidade e o investimento xerador de emprego.
O Pleno acordou este mércores a aprobación inicial do orzamento do Concello para o ano 2018, cos votos favorables do grupo do goberno de Vigo e o rexeitamento da oposición, unhas contas que acadan a cifra récord de 256,5 millóns e que duplican os investimentos deste ano ata chegar aos 34,7 millóns de euros.
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, presentou o contido e enumerou os piares sobre os que se asenta o orzamento elaborado, coas políticas sociais como prioridade principal, a prestación de servizos públicos de calidade e o investimento público como elemento transformador da cidade e xerador de emprego.
Aneiros detallou algunhas das cifras, como os 7,9 millóns de bonificacións fiscais ou os 33,9 millóns de transferencias correntes e subvencións directas para a cidadanía. Xunto aos case 35 millóns para investimentos, o goberno de Vigo reserva máis de 5 millóns para Emprego, 14 millóns para políticas sociais, 16 millóns para o deporte, 13 millóns para cultura, 15 millóns para Educación e 16 millóns para servizos públicos básicos como a seguridade.
O orzamento de 2018 se elabora, salientou o edil, nun contexto de estabilidade política e autonomía fiscal, cos ingresos propios do Concello e as achegas da Deputación e dos fondos europeos para o Vigo Vertical. Jaime Aneiros puxo en valor que Vigo ten a menor presión fiscal das capitais galegas e por debaixo da media española, con débeda cero e sendo os primeiros no pago aos proveedores, abonando as facturas entre dez e quince días despois de ser presentadas.
Debate
A oposición votou en contra do documento presentado a aprobación inicial. Marea de Vigo presentou unha emenda á totalidade, pediu a retirada do orzamento e a apertura dun proceso participativo cidadá. O seu voceiro, Rubén Pérez, criticou o "baixísimo" nivel de execución nos dous últimos exercicios e solicitou "acompasar" o que se prevé gastar co que realmente se gasta. O edil propuxo novos criterios de renda no fondo antidesafiuzamentos municipal para ampliar o número de beneficiarios e contraer débeda para financiar novas escolas infantís, centros de día ou centros cívicos.
O Partido Popular asegurou que o texto repite partidas non gastadas en anos anteriores. A súa voceira, Elena Múñoz, ve un goberno local "incapaz" de executar o orzamento e que presentar "excusas" para rexeitar as trinta emendas presentadas polo seu grupo. A edil acusou ao goberno vigués de "soberbia e intolerancia" e de estar causando "un dano inmenso" á cidade.
No turno de peche, o concelleiro de Facenda ratificou que o documento foi elaborado despois de "escoitar" as demandas da cidadanía viguesa e nunha "atención permanente" ás súas necesidades. Aneiros defendeu a débeda cero do Concello para non ter que pagar xuros aos bancos e poder adicar así o 100% dos recursos á cidadanía. Sobre a emenda á totalidade de Marea, o concelleiro asegurou que foi presentada "sen alternativa" e polo tanto "sen proxecto de cidade".
Por último, Jaime Aneiros contrastou a aposta do goberno de Abel Caballero pola cidade co "boicot" da Xunta de Galicia a cuestións como a Área Metropolitana, o aeroporto de Vigo, a conversión en vía urbana da AP9 desde Teis ou a remodelación integral do estadio de Balaídos, onde o goberno autonómico achega "cero euros".