Escoitar

O Concello adica 812.000 euros ao centro da UNED de Vigo

Abel Caballero avanzou este mércores a cifra recollida nos orzamentos elaborados polo goberno de Vigo. O alcalde recordou que a sede localizada no Mar de Vigo ofrece xa trece titulacións e anotou que xa se está tramitando a solicitude de doutras seis novas carreiras na cidade.

mércores, 15 nov 2017
O Concello de Vigo reserva nas súas contas un total de 812.000 euros para o funcionamento do centro de Vigo da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), segundo revelou este mércores o alcalde, Abel Caballero.

Caballero ofreceu tamén as cifras de alumnado matriculado na sede viguesa da UNED. Con datos todavía provisionais, son 864 persoas as que cursan estudos desta Universidade en Vigo. A sede da UNED de Vigo, recordou o primeiro edil, oferta xa trece titulacións, cifra que se pretende incrementar coa solicitude doutras seis carreiras.