Vigo amplía as medidas de aforro de auga pola seca
O alcalde anunciou hoxe martes a adopción de novas actuacións para minorar o gasto de auga na cidade, que se engaden ás xa en vigor. Así, o goberno vigués pecha as duchas e lavadoiros das praias, as instalacións ornamentais en VigoZoo e suprime o rego nos campos de fútbol de herba sintética, entre outras.
Abel Caballero anunciou novas medidas de aforro de auga ante a seca, que se engaden desde hoxe ás xa adoptadas semanas atrás. O Concello suprime o rego dos campos de fútbol de herba sintética, optimiza os procesos de rego dos de herba natural e o consumo de auga das piscinas, garantindo en todo caso as condicións hixiénico sanitarias establecidas.
Ademais, o alcalde anunciou o peche das duchas e lavadoiros das praias, a eliminación de consumos innecesarios nos centros educativos e sedes deportivas e a supresión daquelas instalacións de VigoZoo ornamentais e decorativas, que non sexan imprescindibles para o funcionamento do recinto.
As novas decisións do goberno vigués engádense ás xa aplicadas na cidade, que comprenden a información pública da situación, a intensificación da procura de fugas, a supresión de regos, baldeos, fontes que non sexan de circuíto pechado, bebedeiros en continuo e a redución do enchido de piscinas.
Caballero recordou que Vigo se atopa actualmente en fase de alerta -menos de cen días de consumo garantido-, o primeiro dos tres estadios contemplados no plan municipal para as secas aprobado polo Concello no ano 2011. Se o volume dos encoros baixa dos 70 días de subministro, se activará a segunda fase, a de escaseza severa. A última é a fase de emerxencia, con menos de 40 días.
Caudal ecolóxico
O alcalde de Vigo recordou que solicitara á Xunta de Galicia a redución do caudal ecolóxico dos encoros de Eiras e Zamáns o pasado 18 de outubro e, de terse adoptado entón, se terían sumado máis de medio millón de metros cúbicos de auga, equivalentes a case que seis días máis de subministro.
O Concello requiriu do goberno autonómico a redución do caudal que libera aos ríos, que habitualmente é de 380 litros por segundo no caso de Eiras e de 18 l/sg no caso de Zamáns. A minoración solicitada pola cidade non tería afección ecolóxica, segundo expuxo Caballero, e suporía rebaixar as cifras aos 150 e aos 5 litros/segundo, respectivamente.