Escoitar

O alcalde esixe a construción do centro de saúde de Bouzas e nega a necesidade de facer un estudo previo

Abel Caballero instou esta mañá á Xunta a construír o centro de saúde de Bouzas para o que o Concello cedeu un edificio e un solar hai xa nove anos. Na súa opinión, é unha tomadura de pelo para os veciños que o goberno autonómico anuncie agora un estudo das necesidades en lugar de iniciar xa as obras.

mércores, 15 nov 2017
Bouzas conta con 15.000 veciños e veciñas que son distribuídos nos centros de saúda de Rosalía de Castro, Coia, Navia e Pintor Colmeiro, ante a negativa da Xunta a poñer en marcha un centro para o que o Concello cedeu un edifico e un solar hai xa nove anos. Caballero cualificou de "tomadura de pelo" que o goberno autonómico anuncie agora que se propón realizar un estudo de necesidades e insta a construír de xeito inminente esta demandada dotación sanitaria.