Vigo consolida o seu liderado como a administración máis transparente de Galicia
O rexedor deu conta esta mañá do Índice de Transparencia Internacional 2017 (ITA) que analiza a xestión de 110 municipios e que outorga a Vigo unha puntuación de 98,8 puntos sobre 100. Deste xeito, a nosa cidade lidera o ránking galego e se sitúa como unha das máis transparentes de España.
Vigo ten unha puntuación de 98,8 puntos sobre 100 o que a sitúa dez puntos por riba da media nacional, situada en 89,7 puntos e máis de 15 por riba da media galega, situada en 83,1. Segundo o Índice de Transparencia Internacional 2017 (ITA), Vigo supera a gran distancia ao resto: Santiago (91,9 puntos); Ferrol (83,3); A Coruña (81,1); Pontevedra (78,1); Ourense (71,9) e , por último, Lugo (71,9).
Respecto das puntuacións por áreas máis valoradas, Vigo obtivo 100 puntos de 100 en transparencia económico financeira; en contratacións, convenios, subvencións e custos dos servizos; en materiais de urbanismo e obras públicas e medio ambiente; ademais de en dereito ao acceso de información.
Respecto das comunidades autónomas, a Xunta ocupa o posto 13 de 17, cun índice de 91,9 o que a sitúa por debaixo da media, que é de 94 puntos. O Concello de Vigo é, polo tanto, a administración galega máis transparente, concluíu o rexedor.