Escoitar

Vigo honra a memoria de Miguel Ángel Blanco no vixésimo aniversario do seu asasinato

Antes de gardar tres minutos de silencio ante o MARCO, o alcalde trasladou "o noso recordo emocionado" ao concelleiro de Ermua asasinado, a todas as vítimas de ETA e ás súas familias, e a "homenaxe á aquela sociedade que hai vinte anos gritou un basta xa". <br />

mércores, 12 xul 2017
1499865949terrorismo.jpg
Vigo celebrou este mércores, 12 de xullo, ante o MARCO un acto de homenaxe a Miguel Ángel Blanco, asasinado hai hoxe vinte anos por ETA. A semana pasada, o alcalde e presidente da FEMP, Abel Caballero, invitara ás entidades locais a conmemorar a figura do concelleiro de Ermua e convocara en Vigo esta concentración.

Con participación do goberno de Vigo, dos grupos políticos e da sociedade viguesa, a cidade gardou tres minutos de silencio en memoria de Miguel Ángel Blanco, despois dunha intervención do alcalde, un discurso no que Caballero recordou a memoria de político vasco e ampliou a homenaxe a todas as vítimas e familiares dos "asasinos de ETA", e á sociedade española "unánime e forte" que "alzou a súa voz".

"E hoxe, 12 de xullo, vinte anos despois volvemos saír á rúa para volver mostrar o noso respecto e o noso afecto por Miguel Ángel Blanco", afirmou Caballero, un "símbolo eterno da terra na que vivimos, da democracia que creamos. Hoxe Miguel Ángel é de todos e de todas as xentes boas. Aquí non hai política. Hai solidariedade, liberdade e recordo emocionado. O noso recordo emocionado a toda a súa familia. O noso recordo emocionado a todas as vítimas dos asasinatos de ETA, a todas, aos seus familiares. A nosa honra ao seu recordo. Pero tamén a nosa homenaxe a aquela sociedade que hai 20 anos gritou un basta xa".
Descargar todas as imaxes