venres, 14 xullo 2017

O Concello continúa co programa "Vigo Cidade de Cor" con inicio doutros catro murais

venres, 14 xul 2017

O alcalde indicou que xa están en marcha o pintado das medianeiras da rúa Coruña 9 e de Florida 30-34, "dúas obras de arte excepcionais", e revelou que hoxe venres comezan os traballos previos en Beiramar 129, nas escaleiras entre Romil e Camelias, no parque de Navia e no muro da igrexa de Fátima. O Concello adica ao programa de arte urbano medio millón de euros.

Arrancan os concertos en Castrelos coa actuación de La Oreja de Van Gogh

venres, 14 xul 2017

Esta fin de semana comezan de facto as festas de Vigo co primeiro dos concertos programados polo Concello no auditorio ao aire libre de Castrelos, ás 23 horas, e coas festas de Bouzas. Tras La Oreja de Van Gogh, recordou o alcalde, chegarán a Castrelos The Pretenders, Miguel Bosé, Carlos Vives, a Coral Casablanca e Crystal Fighters.