Escoitar

Caballero augura un "éxito asegurado" a Leroy Merlín polo "enorme tirón" de Vigo

O alcalde participou no acto de apertura do novo Leroy Merlín da Avenida de Madrid 136, un "gran obxectivo", un "nome de prestixio" para Vigo, cidade que "quere ter aquí aos mellores". Caballero ve na súa implantación en Vigo un "éxito asegurado" da compañía, polo "enorme tirón" que ten a cidade olívica.

mércores, 12 xul 2017
1499866354leroy.jpg
No acto de apertura do novo centro da multinacional, Abel Caballero citou a Leroy Merlín como unha das compañías "de prestixio" para a cidade, un "gran obxectivo" porque Vigo "quere ter aquí aos mellores" nomes empresariais do mundo. Engadiu que a empresa estuda a posibilidade de ampliar a súa implantación na cidade.

O rexedor ve unha "moi importante ilusión" detrás do proxecto da empresa, nos homes e mulleres, no emprego que xera: "esa ilusión compartímola", apuntou Caballero, quen asegurou a cooperación do Concello.
Descargar todas as imaxes