O rexedor aposta por unha universidade que logre achegar a innovación ao maior número de cidadáns
Abel Caballero xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva, asistiu esta mañá á inauguración do VII Foro Internacional de Innovación Universitaria, no que participan as tres universidades galegas
"As universidades caracterízanse por compartir coñecementos a cambio de nada, pola transmisión pacífica de saberes e hoxe, máis que nunca, teñen que colaborar para que a innovación en todos os ámbitos beneficie ao maior número de cidadáns e non quede só en mans dos grupos de poder". Con estas palabras Abel Caballero inaugurou esta mañá o VII Foro Internacional de Innovación Universitaria (FIIU), que reunirá ata o venres no Auditorio de Afundación de Vigo a prestixiosos investigadores nacionais e internacionais.
O alcalde asegurou que estamos a vivir "innovacións revolucionarias" e que cada vez "os tempos de cambio acúrtanse máis". O rexedor mostrou aos presentes o seu móbil e sinalou a importancia que ten este dispositivo na xestión do goberno da cidade e dos municipios de toda España. "Hai só uns anos a docencia nos colexios era a través dunha lousa; a revolución en pouco tempo foi total", engadiu.
Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou a cada vez maior presenza de mulleres nos postos de dirección e asegurou que "as mulleres temos moito que dicir na transformación das universidades". "As universidades non poden ser un elemento máis na transformación da sociedade dixital, senón o factor que impulse as propostas máis adecuadas para ese cambio", indicou a presidenta, á vez que lembrou que "o máis importante para seguir avanzando son as persoas".
O presidente do Foro, Aurelio Vila, explicou que este evento abordará catro eixos principais. Por unha banda, prestará especial atención ao deseño curricular e pedagóxico. O segundo ámbito é a responsabilidade e o compromiso social das universidades O terceiro ámbito está constituído polas Tecnoloxías da Información e Comunicación e, por último, dará conta das transformacións que se están levando a cabo as universidades máis innovadoras. "É esencial que a docencia se axuste aos constantes cambios que está a vivir a sociedade", explicou.
No acto de inauguración participaron representantes das tres universidades galegas: a Secretaria Xeral da Universidade de Vigo, Gloria M. Pena; a vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga; e o asesor de Oferta Docente da Universidade de Santiago, Héctor Rodríguez.
Descargar todas as imaxes