Escoitar

O alcalde apunta o "notable investimento de Zona Franca" en Vigo para o próximo ano

O rexedor e presidente de Zona Franca reuniuse este mércores coa Delegada da entidade co obxectivo de abordar o vindeiro Pleno da entidade no que se aprobará o presuposto de 2018.

mércores, 12 xul 2017
1499865692pedrosa.jpg
Tras o encontro Abel Caballero destacou o "notable investimento" previsto pola Zona Franca para o próximo ano en Vigo, "o que o presidente de Zona Franca sempre quere" e sinalou a inversión no PTL e o mantemento da partida prevista para a Panificadora coa "satisfacción de ver que temos os recursos para as expropiacións", tanto o Concello como a Zona Franca.

O rexedor enmarcou o encontro con Teresa Pedrosa, quen lle avanzou o presuposto e as inversións do próximo exercicio, dentro funcionamento normal de Zona Franca, unha "rutina habitual" logo do desencontro que deu por superado eloxiando a "gran institución que é zona Franca que traballa pola cidade e o territorio".
Descargar todas as imaxes