Escoitar

O Concello impulsa con 115.000 euros o labor de oito entidades viguesas

O alcalde asinou este mércores convenios coa Federación de Peñas el Olivo, Agarimo, a asociación Fonte do Galo, a Asociación de Mariñeiros artesanais e deportivos de Bouzas, FEAFES, Anhida, a AAVV Monte da Mina e Centro Príncipe.

mércores, 12 xul 2017
1499865855convenios.jpg
Os convenios enmárcanse na política de cooperación con diferentes entidades para "impulsar a vertebración civil da cidade" cooperando co labor que desenvolven xa que son "asociacións que traballan pola cidade, para a cidade e na cidade e precisan apoio económico". Este é, engadiu Abel Caballero, un dos temas "obxectivo do goberno".

Entre os acordos asinados hoxe, destaca o da Asociación de Comerciantes Centro Príncipe de Vigo que ascende a 50.000 euros dentro do Plan de Emprego, co que a entidade poderá financiar a contratación de cinco profesionais.

No caso da Federación de Peñas El Olivo, o acordo ascende a 15.000 euros, a Asociación de Veciños Fonte do Galo recibirá 4.500 euros, 13.000 euros Agarimo e 9.000 a Asociación de Veciños Monte da Mina.

Ademais, o convenio coa Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas contempla 16.000 euros para a difusión da cultura mariñera e das cinco embarcacións tradicionais de titularidade municipal. A Federación de Asociacións de Familias e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) recibirán 4.000 euros en virtude do texto asinado hoxe, idéntica cantidade á que recibirá a Asociación de Nenos con Hiperactividade e/ou Déficit de Atención (ANHIDA).

En total, a dedicación municipal a estes convenios de colaboración é de 115.000 euros.
Descargar todas as imaxes