Escoitar

O goberno de Vigo autoriza derrubas no antigo Xeral para a futura Cidade da Xustiza

Abel Caballero informou este luns da licenza concedida autorizando a demolición de distintas zonas do antigo Hospital Xeral, como primeira parte da rehabilitación do inmoble como sede das dotacións xudiciais na cidade. "Con esta licenza iníciase a obra da nova Cidade da Xustiza de Vigo", manifestou o alcalde.

luns, 24 abr 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns da licenza concedida para as obras de derrubamento de distintos espazos do antigo Hospital Xeral, como parte do proxecto de rehabilitación da edificación como Cidade da Xustiza de Vigo.

Segundo recordou Caballero, o orzamento presentado pola Xunta para as obras permitidas ascende a 2,23 millóns de euros e contempla actuacións tanto no edificio principal como nos anexos e na cafetería. O goberno vigués autoriza a retirada da fachada ventilada de cobre da torre, o baleirado interior das plantas baixas do anexo 1, a derruba parcial do anexo 2 e da súa conexión co edificio principal e o baleirado interior da planta baixa da cafetería.

"Con esta licenza", concluíu o alcalde de Vigo, "iníciase a obra da nova Cidade da Xustiza de Vigo".