Escoitar

O Concello divulga entre os escolares a presenza de Julio Verne en Vigo

"O Nautilus e o tesouro da cidade" é o programa divulgativo co que o alumnado aprenderá unha parte da historia de Vigo a través de folletos explicativos e do libro "20.000 leguas de Verne a Vigo" que narra a estadía de Verne e a batalla de Rande.

luns, 14 nov 2016
1479145269julioverne.JPG
O alcalde deu a coñecer este luns o programa didáctico municipal "O Nautilus e o tesouro de Vigo" co que o alumnado vigués aprenderá unha "parte importante" da historia da cidade a través de folletos explicativos e do libro "20.000 leguas de Verne a Vigo", editado polo Concello, e que Caballero define como "excepcional". As súas páxinas recollen a relación de Verne con Vigo e a historia da Batalla e dos tesouros de Rande.

As actividades divulgativas comezaron hoxe cos estudantes do CEIP Illas Cíes, que recibiron de mans do alcalde o diploma que acredita o seu coñecemento logo da formación aprendida e, ata finais de ano, reunirá a 11 centros vigueses, tendo continuidade ao longo do vindeiro ano.

Caballero destacou a relación de Verne coa cidade, onde estivo en dúas ocasións, sendo a única urbe española que visitou, e a onde chegou no seu buque de investigación Saint Michel III. "Queremos transmitir como se integrou na historia da cidade e as lendas creadas ao seu redor, unido a Rande e á batalla".
Descargar todas as imaxes