Escoitar

O Concello presta nove obras de Castelao ao Museo Provincial de Pontevedra

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as axudas á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa "Vente con nós" que inclúe 40 actuacións de teatro música e danza nos barrios e parroquias. Ademais, deu luz verde ao préstamo de nove obras de Castelao para unha exposición no Museo de Pontevedra.

luns, 13 xuñ 2016
O Concello prestará temporalmente nove obras de Castelao para unha exposición no Museo Provincial de Pontevedra, tras a autorización da Xunta de Goberno Local. Abel Caballero amosouse "encantado" de ceder este patrimonio municipal "de grande nivel e calidade", por un período que vai entre o 15 de xuño e o 30 de setembro, e apuntou que esta cooperación entre os museos debe facerse de forma continuada.

Ademais, a Xunta de Goberno Local deu luz verde ao convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa "Vente con Nós" por un importe de 13.500 euros. Trátase dunha serie de 40 actuacións polos barrios e parroquias de Vigo, coa participación de vinte grupos de músicas e danza tradicional e cinco 5 grupos de teatro. Para o alcalde esta é unha mostra da intención do goberno municipal de "potenciar o folclore e a música tradicional e queremos que se leve por todo Vigo".