Aberto o prazo de inscrición para participar no “ Día da Muiñeira”
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza o “ Día da Muiñeira” o próximo día 3 de xuño, polo que as entidades interesadas en participar poderán facer dende hoxe a súa inscrición.
O Día da Muiñeira organízase en colaboración coa Escola Municipal de Danza e de El Corte Inglés e consiste na interpretación, por parte de cada grupo participante das danzas muiñeira, xota e ribeirana.
Os grupos interesados en participar neste acto deberán realiza-la súa inscrición na secretaría da Escola Municipal de Danza entre os días 7 e 25 de maio, ambos inclusive, de luns a venres en horario de 10.00 a 12.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas.
Así mesmo, tódolos grupos inscritos deberán recoller o plano de situación na secretaría, entre os días 28 de maio e 1 de xuño. A rúa Venezuela será o lugar onde terá lugar a celebración do Día da Muiñeira.