A empresa Petrra será a encargada de elaborar o proxecto de humanización da rúa Urzaiz no Calvario
O Goberno municipal acaba de adxudicar o traballo de redacción do proxecto de humanización do Calvario. A empresa que o elaborará chámase PETTRA, Plans Estratéxicos, Territoriais de Transporte e Ambientais. O proxecto deberá estar presentado no Concello a finais do verán, o que permitirá adxudicar a obra este mesmo ano. A zona do Calvario que será remodelada é a rúa Urzaiz, ao longo do treito que decorre entre a confluencia coa rúa Aragón e o encontro coa rúa Leon.
O Concello ten consignados nos seus presupostos deste ano unha partida de 150 millóns de pesetas para executar este proxecto, que é a primeira fase dun plan de mellora do Calvario que inclúe outras actuacións como son a construcción dun aparcamento soterrado ou a ordenación urbanística do Peri Asturias.
A Concellería de Benestar Social asinará un convenio de colaboración coa Asociación de Comerciantes de Príncipe
A Comisión de Goberno aprobou varios proxectos de convenios da area de Benestar Social. Un deles asinarase coa Asociación de Comerciantes da zona Príncipe e servirá para que este colectivo colabore con asociacións de interese social. Esa colaboración centrarase esencialmente en dous aspectos: na venda de productos elaborados polas asociacións que traballan no eido da asistencia social e na inserción laboral de persoas desfavorecidas. O outro convenio asinarase con Cáritas e coa asociación Madro e ten como obxectivo desenvolver un programa de educación para a saúde dirixido aos mozos e mozas da cidade.
Ábrese ao tráfico a Ponte do Gandarón
Unha vez rematadas as obras ábrese de novo ao tráfico a ponte do Gandarón, preto da Avda. de Madrid. Esta ponte acaba de ser renovada completamente para que non actuase como dique nas enchentas do río Lagares. A ponte ampliouse e mellorouse coa construcción de beirarrúas. Hai algúns meses realizáronse obras semellantes na ponte da rúa Severino Cobas, e nestes momentos estanse executando na Ponte Nova, na baixada ao Castaño.