Escoitar

Visitas guiadas para coñecer a exposición ”Glaciares. Ríos de xeo”

mércores, 18 set 2002
imx1772.jpg
Cartel
A concellería de Cultura puxo en marcha un dispositivo de visitas guiadas de grupos para coñecer a exposición ”Glaciares. Ríos de xeo” que se amosa na Casa das Artes ata o 6 de outubro e que se organiza conxuntamente coa Fundación ”La Caixa”.

Esta oferta, complementaria á entrada libre, está destinada a colectivos de escolares, agrupacións e asociacións culturais, sociais e, en xeral, a calquera grupo que desexe adentrase no mundo dos glaciares.

A concellería de Cultura ten cursadas invitacións ós centros sociais, culturais e docentes da cidade para que, de ser do seu interese participen no programa de visitas guiadas.

O horarios e os días das visitas guiadas son de martes a venres de 9.30 a 11.50 polas mañás e de 15.30 a 16.40 polas tardes. A duracións da visita é dunha hora e está dirixida por un monitor da Fundación ”la Caixa”. Para concertar as visitas pódese chamar o teléfono 986 43 95 25.

Glaciares, ríos de xeo, constitúe unha montaxe que reproduce na Casa das Artes a escenografía dun glaciar cos seus elementos dinámicos. A estructura expositiva está dividida en seis ámbitos. Cada ámbito inclúe módulos que mediante elementos, interactivos e paneis permiten o espectador achegarse dun xeito preciso e didáctico ó mundo dos glaciares, a importancia que representan para a vida no planeta (representan a maior reserva de auga doce que existe) e cómo no transcurso de milleiros de anos foron conformando o relevo, creando vales, suavizando cumios. Moitos deles están, hoxe en día, lonxe dos glaciares e dos xeos perpetuos, como sucede coa serra do Gerês, en Portugal, pero o seu perfil foi traballado por ríos de xeo durante centos de séculos.
Descargar todas as imaxes