Castrillo presenta a nova escola infantil municipal de Santa Marta e anuncia un plan para cubrir a demanda de prazas de gardería en Vigo
O alcalde, Lois Castrillo, visitou a nova escola infantil municipal de Santa Marta, que constitúe a terceira gardería posta en marcha polo Concello no seu afán de crear servicios públicos que faciliten a conciliación da vida laboral e familiar. ”Este esforzo municipal contribuirá a atender a demanda de prazas de educación infantil no centro da cidade e a dotar de servicios o Casco Vello, xunto cos novos centros sociais e culturais recentemente postos en funcionamento”, afirmou o alcalde.
Castrillo sinalou que esta gardería ten un horario amplo de 8:00 a 21:00 con prezos módicos adaptados aos ingresos familiares de cara á universalización do ensino infantil. En total, hai 157 rapaces escolarizados nas tres garderías municipais, dos que 53 están inscritos no centro de Santa Marta do Casco Vello, que xa ten completada a quenda de mañá.
O Concello está a elaborar un estudio detallado sobre as necesidades de prazas escolares de Vigo para meniños menores de 6 anos. Este estudio determinará os lugares onde hai que ubicar estes centros e o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal contemplará a posibilidade de reservar espacio para a súa futura construcción.
A escola infantil municipal Santa Marta está equipada con comedor, que se utiliza como sala de usos múltiples, patio de xogos e tres aulas (0-1 anos, 1-2 anos e 2-3 anos). Conta con tres mestras especialistas en educación infantil, 6 técnicas especialistas en xardín de infancia, unha cociñeira e unha limpadora.
Descargar todas as imaxes