Vigo, capital das telecomunicacións coa celebración do Salón Atlántico das Tecnoloxías
O Salón Atlántico de Novas Tecnoloxías da Comunicación, SATT, inaugurarase o próximo 20 de setembro no Instituto Feiral de Vigo coa intención de crear un gran foro de exposición, debate e encontro entre profesionais sobre o rumbo que están tomando as novas tecnoloxías aplicadas á comunicación.
A mostra, que conta co apoio do Concello, ofrecerá unha visión profesional sobre a vertebración dun sector económico estratéxico tanto polo que significa de desenvolvemento tecnolóxico dun país, como pola alta capacitación empresarial necesaria na denominada sociedade da información.
Como sector estratéxico, o SATT dálle cabida a empresas de telecomunicacións, proveedores de servicios, software, hardware, áreas de formación, así como lecer e entretemento.
Descargar todas as imaxes