Inscrita no rexistro público a Asociación para o Deporte Base de Vigo, con máis de 70 clubes asociados
A Asociación para o Deporte de Base de Vigo (ASDEBAV) inscribiuse no rexistro público de asociacións, por parte da Consellería de Xustiza Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, despois de meses de traballo e da importante colaboración da Concellería de Deportes cos clubes de base da cidade. Nestes momentos, a asociación está constituída por máis de 70 clubes da nosa cidade, co obxectivo fundamental de articular un instrumento eficaz e operativo para aglutinar tódolos esforzos do deporte de base vigués.
Trátase dunha iniciativa pioneira non só en Galicia senón tamén no Estado español. Nos vindeiros días, o concelleiro de Deportes convocará os representantes da comisión xestora para iniciar os traballos necesarios que permitan o axeitado funcionamento desta asociación.
A Concellería de Deportes ten o propósito de asinar no vindeiro ano un convenio con esta asociación para que a mesma poida dotarse dun local estable así como daqueles medios necesarios para a súa posta en marcha.
Esta asociación ten, entre os seus fins, a representación dos proxectos e intereses dos clubes asociados diante daquelas institucións públicas e privadas de cara a desenvolver proxectos comúns de promoción e mellora do deporte de base, así como o fomento das relacións entre os clubes co fin de garantir unha mellor oferta nos distintos eidos de actuación destes.
Coa inscrición da asociación ASDEBAV no rexistro de asociacións, a Concellería de Deportes continúa coa súa decidida política de defensa e apoio ao deporte de base de Vigo, tendente a lograr unha maior eficacia das entidades asociadas e un mellor servicio aos cidadáns.
Na ASDEBAV están inscritos clubs de practicamente tódalas modalidades deportivas, que van dende o fútbol, baloncesto, balonmán, ciclismo, patinaxe, natación, tiro con arco... Aqueles clubes que aínda non están asociados poderano facer en calquera momento previa solicitude á comisión xestora.
Dende a Concellería de Deportes quérese felicitar moi sinceramente aos clubs da nosa cidade por ter chegado á constitución desta asociación que marcará un fito importante no deporte de base da cidade de Vigo.