O Concello culmina a peonalización do Casco Vello coa colocación dos bolardos retráctiles
O alcalde, Lois Castrillo, e o concelleiro de Tráfico, Xaquín de Acosta, asistiron á posta en marcha do sistema que controlará o acceso de vehículos ao Barrio Histórico. Os residentes na zona dispoñen de tarxetas magnéticas para poder accionar os dispositivos. Nestes momentos, xa se distribuíron máis de 400 tarxetas.
O sistema de bolardos retráctiles, que se instalou na rúa Gamboa e na Baixada a San Vicente, funciona en moitas cidades que dispoñen de zonas peonais. Permitirase o acceso libre de 8:00 a 11:00 para labores de carga e descarga. Despois desa hora, só poderán entrar no Barrio Histórico os vehículos privados de residentes e comerciantes que dispoñan da tarxeta. Os bolardos están conectados coas oficinas da Policía local, dende onde se controla o seu funcionamento. Desa forma, a Policía pode permitir o acceso ao Barrio dos vehículos de emerxencias e dos taxis.
De Acosta explicou que as novas peonalizacións que se realicen en Vigo aplicarán este novo sistema pensado para crear unha cidade máis cómoda e saudable, con áreas de uso exclusivo para persoas que vaian a pé e con restricción de circulación de vehículos privados.
Descargar todas as imaxes