Escoitar

Case 400 estudantes becados polo Concello parten esta semana á Londres para estudiar inglés

O alcalde, Abel Caballero, visitou este luns o IES Politécnico polo inicio do curso escolar para os 13.000 alumnos de ESO e Bacharelato, onde recordou que 100 estudantes xa partiron para Londres o pasado sábado e outros 276 voarán desde mañá ata o venres. A estes sumaranse 70 máis do ensino concertado e 75 máis da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

luns, 17 set 2012
1347882945ies.jpg
No inicio do novo curso para o alumnado de Secundaria, Abel Caballero visitou o IES Politécnico, "representantivo do sistema educativo en Vigo", que acolle a uns 500 estudantes, sobre 170 de ESO e 330 de Bacharelato. O alcalde transmitiu aos escolares a "importancia" da educación, sobre todo "nun momento difícil" de "recurtes" no ensino público.

No Politécnico estudan 14 alumnos que están actualmente nas illas británicas cunha bolsa municipal, parte do centenar que voaron o pasado sábado como parte do programa "Vigo en Inglés 2012". Este IES tamén colabora co Concello de Vigo, segundo explicou o socialista, no programa "Comenius Regio" para o desenvolvemento dunha escola de intercambio lingüístico e socio-cultural coa localidade xermana de Osnabrück.

Caballero apuntou que sobre 13.000 alumnos inician hoxe luns as clases en Vigo, sobre 3.000 no Bacharelato e outros 10.000 cursando a ESO -4.000 destes en centros públicos e 6.000 nos concertados-.
Descargar todas as imaxes