Escoitar

O rexedor recibiu a deportistas de cinco modalidades e pediu aos clubs que aposten polas súas canteiras

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, saudaron hoxe a doce deportistas pertencentes a clubs de Vigo (tres mulleres e nove homes) polos éxitos acadados este verán en balonmán, kung-fu, natación, vela e voleibol praia.

mércores, 29 ago 2012
1346246337deportistas.JPG
Acudiron a esta terceira recepción multitudinaria as curmás Llópiz, Laura e Lucía, do Real Club Náutico, campionas do mundo de vaurien en Francia; Víctor Rodríguez (Seis do Nadal) e Pablo Cacheda (Octavio), campións de Europa junior con España; Pablo Penedo, Óscar Sánchez, Saúl Cerviño e Carlos López, campións de España de voleibol praia co Vigo. Juan Piñeiro, Akira Moreira e Adrián Gómez, campións de España alevín de kung-fu co Ximnasio Penta, e Iria Rodríguez, do Náutico, prata (100 metros braza) e bronce (50 libres) no Nacional infantil de natación.

Caballero, que recibiu aos deportistas no seu despacho de Alcaldía, encomiou o traballo destes deportistas, cuxos éxitos considerou "magníficos", e afirmou que o Concello "ten que facer un esforzo con estes mozos e mozas". O rexedor municipal explicou aos deportistas e aos directivos e familiares que os acompañaban que "o deporte será a terceira prioridade nos orzamentos de 2013 e dentro do deporte, o de base", aínda que lembrou tamén que "non estamos nos magníficos tempos en que todo podíase facer e temos que medirnos moito".

O alcalde, que estimou que non só serán tempos duros os da tempada 2012/2013 "senón tamén os da seguinte", asegurou que "ninguén se vai a quedar polo camiño" aínda que, en símil, "sairemos máis delgadiños todos". O seu desexo é que da política deportiva municipal cheguen "novos ídolos locais" e citou os Xogos Olímpicos de Río en 2016 como unha futura mostra do talento do exitoso deporte vigués.

Durante o encontro cos deportistas, o presidente do Club Vigo, Guillermo Touza, anunciou ao xefe do goberno local e ao seu concelleiro delegado de Deportes que "sairemos na Superliga cun equipo o máis vigués posible". O alcalde felicitouse pola continuidade do voleibol na elite e instou aos dirixentes presentes á contención de gastos nun momento tan difícil e "a tirar da nosa base, dos deportistas que temos".
Descargar todas as imaxes