Caballero esixe á Xunta a derogación da suba do canon da auga que supón un aumento do 40% da taxa
Abel Caballero anunciou hoxe martes que presentará unha moción no Pleno para que a Xunta derogue a subida do canon do saneamento que suporá nos fogares vigueses un incremento da taxa autonómica dun 40%. Un aumento, indicou, ao que se suma un incremento dun 2% pola subida do IVE. <br />
O grupo municipal socialista presentará no próximo Pleno unha moción para que a Xunta retire a suba do canon de saneamento que supón "incremento importantísimo" dos recibos de auga e senaemento para as familias viguesas. Así o avanzou o rexedor que explicou que os próximos recibos incluirán un incremento do custo orixinado por un recargo da Xunta que aumenta nun 40% a taxa autonómica. Segundo detallou, iso significa que os cidadáns, cun consumo medio duns 15 metros cúbicos, verán repercutida na súa liquidación un aumento de 2 euros e medio, o que significa unha suba do 6%. "Non se pode gravar máis ao cidadán nunha época de crise como a que estamos a atravesar", engadindo que a este incremento súmase unha subida do 2% do IVE, polo que ao final o incremento no recibo final será dun 8 por cento. Lembrou que o Parlamento galego xa está disolto polo que instou a derogar "de xeito inmediato" este incremento de canon "insenstato e abusivo" a través da deputación permanente do Parlamento de Galicia, garantindo o voto favorable do grupo socialista.