O Concello apoia a organización das V Xornadas de Automatización Industrial da Universidade
Unhas 300 persoas participarán nas V Xornadas de Automatización Industrial que se organizarán en novembro na Universidade de Vigo co obxectivo de informar e implentar a robótica nas empresas da cidade. O alcalde, quen mantivo hoxe martes unha reunión cos organizadores, loubou este congreso baseado na colaboración de universidade, empresas a administracións.
O Concello de Vigo de Vigo colabora coa posta en marcha das V Xornadas de Automatización Industrial, organizadas pola Universidade de Vigo entre os próximos 12 e 16 de novembro no Auditorio Municipal. Trátase, explicou o rexedor, dun congreso baseado no que se coñece como "a triple hélice": a colaboración entre Universidad, administracións e empresas. Tal e como lle trasladou o responsable, José Ignacio Armesto, do departamento de Inxeñeiría de Sistemas e Automática, ao que recibiu esta mañá, durante unha semana uns 300 profesionais e expertos analizarán os mecanismos de información e implementación da robótica nas empresas, un sector no que Vigo xoga un papel destacado, dixo, polo importante número de investigadores que reúne, porque ten empresas referentes neste uso, en referencia a Citroën, e, en terceiro lugar, "porque somos capaces de nuclear o apoi das administracións , a investigación e a industria".
Descargar todas as imaxes