Escoitar

Caballero alerta de que a Xunta rebaixou as aportacións de emprego para Vigo de 2 millóns a 33.000 euros en catro anos

O rexedor critica reducción imposta pola Xunta de Galicia nos programas de fomento de emprego en cooperación con entidades locais. En Vigo, esta aportación pasou de 2 millóns en 2008 a 33.000 no ano en curso.

mércores, 29 ago 2012
1346245957calvario.JPG
O alcalde de Vigo reiterou hoxe mércores o carácter prioritario que o emprego ten no Concello, cun programa en marcha de seis millóns de euros, aos que se suman outros 12 millóns en investimentos que xeran postos de traballo. En contraposición, o rexedor aludiu á diminución das aportacións da Xunta para fomentar o emprego a través de programas de cooperacion en colaboración con entidades locais. Concretamente, explicou, as achegas ao Concello de Vigo foron en 2008 de 2 millóns de euros; en 2009, de 1,5 millóns; en 2010, de 850.000 euros; en 2011, de 770.000 euros, ata chegar aos 33.000 euros deste exercicio. A este recorte, abondou, súmase a decisión da Xunta de establecer un tope máximo polo que ningún concello pode recibir máis de 500.000 euros neste concepto. Deste xeito, unha localidade de 20.000 habitantes recibe a mesma cantidade que Vigo, con 300.000, criticou.
Descargar todas as imaxes