O xoves cortarase o acceso a Progreso dende María Berdiales
O avance nas obras de humanización do contorno do Museo de Arte Contemporánea obrigará a cortar o tráfico no acceso á rúa Progreso dende María Berdiales. O corte realizarase na mañá do xoves, día 17, e prolongarase durante alomenos tres semanas.
A partir do xoves, os vehículos que circulen por María Berdiales terán que se dirixir a Urzaiz a través da rúa Magallanes. Os vehículos que queiran acceder á rúa Progreso terán que seguir o itinerario habitual a través da Ronda D. Bosco ou ben utilizar a rúa Ecuador.
Este corte de tráfico faise necesario para acondicionar o cruce entre a Ronda D. Bosco e a rúa Progreso, dous viais que rodean o novo Museo de Arte Contemporánea e que están sendo sometidos a un proceso de mellora que consiste na renovación dos seus servicios, a colocación de pavimento de pedra, a ampliación da zona peonal e a instalación de novo mobiliario urbano.