Lilian Álvarez pide ao pleno que reclame para Vigo a sede do Padroado Rector do Parque Nacional Illas Atlánticas
A concelleira de Turismo e Comercio, Lilian Álvarez, presentou una moción para o seu debate na sesión plenaria que se celebrará a finais de mes, na que propón que o Pleno da Corporación solicite ó Ministerio de Medio Ambiente e á Concellería de Medio Ambiente que designen a Vigo sede do Padroado Rector e lugar de situación das oficinas centrais do Parque Nacional Illas Atlánticas.
Lilian Álvarez considera que a situación do Padroado en Vigo “non soamente constitúe un recoñecemento ós esforzos que o Concello ven realizando desde hai décadas para preservar a riqueza natural e o valor ecolóxico das Illas Cíes, senón tamén un elemento dinamizador dos sectores económicos vinculados ó turismo e ó comercio”.
Con esta decisión, a concelleira reafirma, tamén, o seu interese en aproveitar a oportunidade de converter o Parque Nacional Illas Atlánticas en estandarte da protección do medio ambiente, nun elemento de educación ecolóxica, e nun instrumento didáctico que poña en valor ante as futuras xeracións a riqueza do patrimonio natural de Vigo.
Esta é a segunda ocasión na que Lilian Álvarez presenta unha moción ó Pleno da Corporación sobre as Illas Cíes, xa que o pasado mes de xullo propuxo que se solicitase á Fábrica Nacional de Moeda y Timbre a acuñación dunha serie conmemorativa dun selo ou dun billete de lotería coa silueta das Cíes, cun lema alusivo a súa declaración como Parque Nacional. Neste sentido, en días pasados o instituto emisor remitiu un escrito ó Concello no que comunicaba que esta petición sería estudiada a fin de incluíla na programación do calendario de series previstas para o ano 2003.
Con esta iniciativa, Lilian Álvarez pretende que a imaxe das Cíes, verdadeiro corazón do Parque Nacional Illas Atlánticas, percorra todo o mundo.